Bivir, Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego | CATÁLOGO DE OBRAS

Estas son as última incorporacións á Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego:


Un matrimonio provinciano
Marquesa Colombi, tradución de Isabel Soto
"Un matrimonio provinciano" conta a historia de Denza Dellara ao longo dunha década: o seu paso da puberdade á madurez. Para Denza, a vida na súa vila é aburrida e anódina, polo que vive entre soños e fantasías mentres agarda a que algún mozo queira casar con ela. Esta é unha historia simple e sinxela na que Marquesa Colombi, de maneira sutil, critica unha sociedade chea de convencionalismos.
Un matrimonio provinciano, PDF


Fosca
Iginio Ugo Tarchetti, tradución de Isabel Soto
Igino Ugo Tarchetti foi un escritor, poeta e xornalista italiano do século XIX. O protagonista de "Fosca", a súa novela máis importante, é Giorgio, que nos narra en primeira persoa as súas experiencias amorosas con dúas mulleres: Clara, unha dama fermosa coa que vive unha feliz relación, e Fosca, unha muller fea, histérica e cunha sensibilidade enfermiza.
Fosca, PDF


"Polo camiño"
Mirbeau, Gustave, tradución de Casal Munín, Sandra
Este conto de Octave Mirbeau segue vixente na actualidade. "Polo camiño" relata a incomprensión dun octoxenario non moi formado que se pregunta onde vai os cartos dos impostos que paga.
"Polo camiño", PDF


"As Rubáiyát"
Khayyám, Omar, tradución de Castro, Plácido
Omar Kayyam foi un matemático, astrónomo e poeta persa dos séculos XI-XII. A súa obra máis coñecida é "As Rubáiyát", series de catro versos nos que transmite as súas ideas de temas tan diversos como a ciencia e o coñecemento, a moral e o comportamento persoal, relixión e teoloxía, como ser feliz, a nostalxia polo vivido, o goce da vida antes da morte, de onde vimos e cara onde imos.
"As Rubáiyát", PDF


"Os sinais de Dănuț"
Mihaescu, Gib., tradución de Sobral Vázquez, Sonia
O xefe da estación, Grigore Dănuţ, espera polo tren que trae a súa filla de volta á casa polo Nadal. Pero aquel día sucédense sinais terribles, presaxios dunha terrible traxedia, como lle acontecera anteriormente coa morte doutros seis fillos.
"Os sinais de Dănuț", PDF


"A arte da guerra"
Zi, Sun, tradución de Ríos, Xulio
“A arte da guerra” de Sun Zi, viu a luz a finais do século VI antes da nosa era. Trátase dun destacado clásico, do traballo teórico militar máis antigo da China e do mundo que recolle o núcleo da sabedoría da guerra. Unha obra que recompila as reflexións do autor sobre a contenda bélica nunha exposición que, segundo prestixiosos estrategos militares modernos, non foi quen de ser aínda superada. As profundas reflexións de Sun Zi fixeron desta publicación unha obra primordial na ciencia militar chinesa, e chegou a ser un importante documento nas academias militares mesmo de diferentes países occidentais. Na actualidade as súas deducións, ademais de seren obxecto de estudo no ámbito da defensa, tamén son aplicables ás relacións internacionais, comerciais e ata aos negocios. Ao longo de trece capítulos, as exposicións de Sun Zi abarcan desde o concepto da guerra ata a construción dun exército e a intelixencia, pasando polas tácticas e estratexias, ou aspectos da teoría militar, sendo moitos deles obxecto de análise e comentario por primeira vez na historia.
"A arte da guerra", PDF


...


Visita o CATÁLOGO COMPLETO da Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego.


ATG. Asociación de Tradutores Galegos
info@tradutoresgalegos.com
+34 609 887 489
Copyright 2012. ATG - Asociación de Tradutores Galegos